Os populares únense para apoiar á candidatura do PP de Ribadumia

    CAMBADOS> Traballar a reo por Ribadumia. Esa foi a principal promesa da actual alcaldesa de Ribadumia para os vindeiros comicios municipais de maio…

    {flowplayer}images/salnes/cea_pp_ribadumia.flv{/flowplayer}

     … e que puxo de manifesto este sábado na cea organizada na adega Martín Códax para os militantes e simpatizantes do PP da contorna. 

    Salomé Salomé Peña volve a presentarse como alcaldable por Ribadumia despois de case dez anos ó fronte deste Concello do Salnés.

    Nesta nova andaina, Peña segue contando co apoio do PP a nivel provincial, autonómico e nacional, tal e como se puxo de manifesto ca participación neste acto de varios pesos pesados do Partido Popular; como foron o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández; a Deputada no Congreso, Ana Pastor ou o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán. Todos eles coincidiron en gabar o traballo feito nos último anos por esta alcaldesa e o seu equipo.

    O Conselleiro aproveitou a súa presencia en Ribadumia para adiantar que o luns se presentarán importantes proxectos de posta en valor e coidado do río Umia, que serán de cumprido interese para toda a comarca do Salnés.

    Redacción Salnés