O BDRI do Grove relaciona o regreso das baleas azuis as costas galegas coa fin da súa caza

O GROVE> O instituto da conservación e estudo da diversidade mariña do Grove avanza na súa investigación da presenza das baleas azuis nas augas galegas. O proxecto financiado polo Miteco rematou hoxe o seu 2 ano de estudo. Ambas entidades reuníronse para analizar as liñas de investigación do vindeiro ano.

O Bottlenose Dolphin Research (botelnous dolfin riserch) é un instituto de conservación e estudo da diversidade mariña situado no Grove. Os traballos do centro están encamiñados a investigar e coidar aos seres mariños das augas galegas. Unha desas investigacións lévase a cabo en colaboración co ministerio do interior e céntrase no regreso das baleas azuis ás nosas costas.

O proxecto está identificando cada ano como máis exemplares desta especie achéganse cada ano ás costas galegas. A principal teoría que baralla o centro é á fin da caza de baleas.

O proxecto puxo hoxe fin ao seu cuarto ano de investigación, o segundo coa colaboración do Miteco. Dende o ministerio, destacan a labor deste centro formado na súa maioría por mozas e mozas que realizan as súas teses de máster e doutoramento.

Aproveitando a visita, ambas entidades traballaron en posibles proxectos futuros a través das axudas europeas que xestiona o Miteco. Dende o centro sinalan como un campo a investigar a xestión das areas mariñas da costa galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí