Desestiman a reclamación de 900.000 euros ó concello

    concello_sanxenxocopia.jpgSANXENXO> Esta é a sentenza relativa ó procedemento interposto pola empresa Cocheras Sanxenxo pola non construción do párking público.

    O concello de Sanxenxo ven de recibir o contido da sentenza emitida polo xulgado do Contencioso- Administrativo número 1 de Pontevedra en relación ó procedemento interposto pola empresa Cocheras Sanxenxo de Puentes S.L.

    Dito fallo, desestima a pretensión desta empresa de recibir da administración local un total de 888.965,05 euros. Unha cantidade en concepto de indemnización máis os intereses devengados ó non recibir as autorizacións preceptivas para a construción do proxectado párking público subterráneo da rúa Constitución.

    No proceso iniciado á instancias da empresa, buscábase a resolución do contrato administrativo, por incumprimento por parte do concello, relativo á construción e xestión do aparcamento previsto nas inmediacións da praza de abastos de Sanxenxo.

    Ó tratarse de dun espazo ubicado en zona de protección do dominio público marítimo terrestre, o elixido para a rehabilitación do mencionado aparcamento, era o concello a quen correspondía a tramitación dos necesarios permisos. Sen embargo, as administracións competentes non llos outorgou de aí que non se poda levar a cabo o inicio das obras, a sinatura da acta de replanteo nin a ocupación dos terreos.

    Redacción Salnés