O Porto recibe os distintivos ISO de xestión ambiental e calidade

    certificacions ISO.JPG VILAGARCÍA> O director xeral de Lloyd’s Register Quality Assurance entregou as certificacións á presidenta da Autoridade Portuaria.

    ‘Son un aval para a xestión do porto’. Así definiu a presidenta da Autoridade Portuaria de Vialgarcía, Sagrario Franco, a recepción dos certificados ISO que garante o bo facer da entidade en materia de xestión de calidade e xestión ambiental. Os recoñecementos eran entregados nas dependencias do ente polo director xeral de Lloyd`s Register Quality Assurance, Juan Maties. Este estivo acompañado polo responsable comercial da entidade no distrito noroeste, Carlos Resch. Ámbolos felicitaron á presidenta pola obtención destes distintivos e expresaron a súa confianza en que as empresas que integran a comunidades portuaria opten tamén a conseguir ou incrementar recoñecementos deste tipo.

    As certificacións ISO 14001:2004 de xestión ambiental e ISO 9001:2008 de xestión de calidade cobra os servizos de xestión directa de servizos portuarios (sinalización marítima, subministros de enerxía eléctrica e auga potable), escala de buques, almacenamento (incluídas a seguridade e vixilancia), xestión do uso do dominio público portuario (concesións e autorizacións) e infraestruturas e investimentos portuarios.

    Redacción Salnés