O BNG critica á Xunta por apropiarse do proxecto do macropolígono

    bngmacropoligono_100.jpgRIBEIRA> Ana Pontón afirmou que o Partido Popular trata de enganar á cidadanía, ó afirmar de que non existía nada feito cando accederon ó goberno.

    A construción do macropolígono do Barbanza estase a converter no tema estrela da precampaña. A menos de dous meses da celebración dos comicios municipais, PP e BNG, estanse a ensarillar nun cruce de acusacións, sobre o que fixeron uns e o que fixeron outros con respecto a esta importante infraestrutura.

    {flowplayer}barbanza/bngmacropoligonoacusacion.flv{/flowplayer}

    Estudos rematados

    A deputada nacionalista Ana Pontón afirmou que o Partido Popular trata de enganar á cidadanía, ó afirmar de que non existía nada feito cando accederon á Xunta, presentando unha serie de datos que veñen a amosar o traballo realizado polo anterior Goberno Bipartito, en concreto a consellería de Vivenda dirixida por aquel entón pola nacionalista Teresa Táboas, principal impulsora deste proxecto. Entre outros, o estudos de viabilidade, o proxecto sectorial e o informe de sustentabilidade ambiental, ou mesmo a súa declaración de incidencia supramunicipal.

    Segundo Pontón, o  que pretende o PP con toda esta polémica é acadar un rédito electoral. Precisamente a nacionalista vén de presentar varias preguntas para a súa resposta oral en comisión, así como tamén unha iniciativa parlamentaria coa que insta á Xunta de Galicia a axilizar a tramitación desta actuación coa finalidade de que as obras de urbanización se inicien ó longo do presente ano 2011.

    Redacción Barbanza