Pérez Cribeiro: ‘Galicia non pode perder o tren da cría do salmón’

    fotosalmoncopia.jpg MUROS> O que fora director técnico da anterior granxa de salmón de Muros asegura que unha batea contamina máis que unha gaiola.

    {flowplayer}images/salnes/ValoracionBiologoGaiolasSalmon.flv{/flowplayer}

    É Antonio Pérez Cribeiro, o que fora director técnico da anterior granxa de salmón que houbera na ría de Muros, entre 1990 e 1995. Esteiro Salmón de Galicia foi un criadoiro de salmón situado na propia ría de Muros – Noia.

    Segundo el non hai motivos para alarmarse. Pese a vixiancia dos mariñeiros da ría de Muros e Noia, que se opoñen a estos criadoiros, a empresa instalou esta fin de semana a primeira das dúas gaiolas experimentais que ten autorizadas.

    Todo o sector do mar se mostra moi preocupado por esta iniciativa temendo que este proxecto acabe contaminando a ría.

    Segundo este biólogo, os excrementos dos salmóns non danarían máis a auga que os de calqueira outra especie. E o penso está preparado para aguantar na columna de auga o tempo suficiente para que os peixes o coman.Polo que non habería que preocuparse pola sedimentación. Tampouco por vacunas nin por hormonas.

    Para Cribeiro, o proxecto do criadoiro de salmón é un tren que non se pode deixar escapar posto que Galicia debería aproveitar os recursos das súas rías. Sen esquecer a importancia do apoio das institucións.

    Redacción Salnés