Os nenos de Ribeira fan xoguetes con refugallos

    RIBEIRA > Continuando coas actividades programadas polo concello de Ribeira para o Nadal, o Departamento de Servizos Sociais vén de poñer en marcha un obradoiro para os cativos consistente na elaboración de xoguetes de refugallo. A actividade diríxese a rapaces de entre seis e doce anos, membros das familias destinatarias do Programa de Educación Familiar, no que se enmarca a iniciativa.

    Un grupo de quince cativos de Ribeira aprenden estes días a forma máis orixinal e ó mesmo tempo ecolóxica de elabora-los seus propios xoguetes.

    Trátase dos participantes no Obradoiro de “Elaboración de xoguetes de refugallo” que vén de poñer en marcha o departamento de Servizos Sociais do concello de Ribeira dentro das súas actividades de Nadal.

    A actividade enmárcase dentro do Programa de Educación Familiar promovido pola Concellería de Igualdade e Acción Social.

    O obxectivo é que os nenos aprendan a elaborar xoguetes con materiais de reciclaxe, reducindo a influencia da publicidade e o consumo excesivo, e potenciando a creatividade e a imaxinación dos cativos.

    Así mesmo, incídese no uso non sexista dos xoguetes potenciando o seu valor como ferramenta de diversión e aprendizaxe.

    O obradoiro desenvólvese durante esta semana e a próxima no cenro de formación dos Servizos Sociais en horario de catro a seis da tarde, como complemento da participación dos rapaces noutras actividades educativas de tipo comunitario.

    Unha vez rematadas as sesións, está previsto organizar unha exposición cos xoguetes costruídos polos pequenos para que as familias poidan coñecer o foito da creatividade dos seus pequenos.

     

    Redacción Barbanza