Agrupacións de mariscadoras subscriben a retirada do subsidio

    mariscadorascontraagamar_100.jpgBOIRO> Dezasete agrupacións de mariscadoras de Galicia, entre elas as de Cabo de Cruz e Muros, desenténdense da postura de AGAMAR contra a decisión de Mar.

    As protestas protagonizadas por AGAMAR en nome das mariscadoras galegas non sentaron ben no seo dalgunhas agrupacións. É o caso da de Cabo de Cruz que xunto con outras dezaseis agrupacións de toda Galicia remitiron un escrito no que din non sentirse representadas por este sindicato.

    {flowplayer}barbanza/mariscadorascontraagamar.flv{/flowplayer}

    Agravio comparativo

    O tema que motivou esta polémica foi a retirada do subsidio ás traballadoras que non cotizaron os quince anos necesarios para a xubilación. Mentres AGAMAR pide a súa restitución, noutras agrupacións están de acordo non só en que se retire a axuda senón tamén a aportación á Seguridade Social.

    A representante das mariscadoras crucenses considera un agravio comparativo que reciban estas axudas mentres que as traballadoras que si cotizaron están a cobrar unha paga máis baixa.

    Redacción Barbanza