Nova convocatoria de axudas para rehabilitación no marco da ARI

    rehabilitacionrianxo.jpgRIANXO> Neste caso serán un total de cinco os inmobles nos que se actuará, cun orzamento total das obras que ascende a uns 129 mil euros, dos cales serán subvenionables 45 mil.

    {flowplayer}barbanza/rehabilitacionrianxo.flv{/flowplayer}

    Con esta xa son tres as convocatorias realizadas pola oficina da Área de Rehabilitación Integral dende a súa posta en marcha, no ano 2009. Neste tempo foron un total de 47 os inmobles que se beneficiaron desta liña de axudas, cun orzamento total das obras que ascendeu a uns 409 mil euros, dos cales ó redor de 279 mil foron de subvención, a través de fondos que proveñen do Ministerio de Fomento, a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o propio concello. Esta mesma semana abríase unha nova convocatoria da que se beneficiarán unhas cinco vivendas.

    Obras urbanización

    A través da ARI o concello está a desenvolver tamén a rehabilitación de varias zonas do casco urbano con distintas obras de humanización. É o caso da instalación de rede de sumidoiros na estrada a Tanxil ou a pavimentación e sumidoiros nas rúas do núcleo de Fincheira, que se completará agora coa urbanización da súa praza central.

    No rural

    Dende o concello tamén informaron de que xa poden solicitarse axudas para a rehabilitación de vivendas unifamiliares nas distintas parroquias do concello, promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo, cuxa tramitación pode realizarse tamén dende o portelo úinico da oficina da ARI.

    Redacción Barbanza