A Deputación investirá 127 mil euros en melloras viarias nas parroquias da Pobra

    obrasdepu_100_180908.jpgPOBRA > A Deputación da Coruña investirá 127 mil euros en dúas actuacións de mellora da seguridade vial en estradas provinciais do concello de A Pobra.

    {flowplayer}barbanza/obrasdepu.flv{/flowplayer}

    Unha das actuacións desenvolverase no tramo da estrada PC 6703 dende a ponte de San Antonio ata o cruzamento ca rúa profesora Carmen Dominguez que vai ata a Igrexa e o IES da Pobra. A outra será na rúa da Ponte, situada no casco urbano do concello.

    Na parroquia do Xobre, os traballos consistirán na canalizacións de pluviais e na colocación de beirarrúas, nun tramo que rexistra gran afluencia de peóns. No tocante a rúa da Ponte, os traballos que se acometerán serán de pavimentación da estrada, que rexistra un importante número de fochancas por mor da mala canalización de aguas, polo que tamén se procederá ao arranxo desta deficiencia.

    Esta previsto que en breve den inicio as obras, que teñen un prazo de execución previsto de cinco meses.