Rianxo acollerá a estrea da primeira adaptación ó galego de ‘Shrek’

    RIANXO> Rianxo acollerá a estrea de ‘Shrek, o Musical’, a primeira adaptación en galego do filme de Dreamworks. Este espectáculo de gran formato, producido pola Asociación Musical Coda, porá sobre a escena a medio cento de intérprete. Tralo éxito do Rei da Sabana, a asociación musical Coda de Vilagarcía leva a Rianxo a súa adaptación de Shrek. O día 11 terá lugar a estrea do espectáculo que pode presumir de ser a primeira adaptación en galego da afamada película de Dreamworks. Preto de cincuenta intérpretes, música en directo e un gran traballo de escenografía e caracterización farán deste espectáculo un auténtico luxo non só para os máis pequenos senón para toda a familia. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no Furancho de Rianxo, situado detrás da igrexa. Aínda que está previsto habilitar taquilla no auditorio é aconsellable mercala antes dada a alta demanda. Polo momento, xa está vendida a metade do aforo. As función serán os días 11 e 12 e o 18 e 0 19 de novembro, todas ás seis da tarde. O prezo é de dezasete euros.