![]()
VILAGARCÍA> Renfe e Adif suprimiron o servizo de atención e asistencia ós viaxeiros con mobilidade reducida.
{flowplayer}images/salnes/SinaturasAtendo.flv{/flowplayer}
Se nada o remedia no último momento, hoxe será o último día que funcione este servizo de asistencia as persoas con problemas de mobilidade, na estación de tren de Vilagarcía.
Dende que a mediados de mes as 3 traballadoras de Atendo coñeceran a nova de que se ía poñer fin ó servizo nesta estación, comezaron unha campaña de recollida de sinaturas que se saldou con 4840 veciños que lles deron o seu apoio.
Hoxe, acompañadas da edil de servizos sociais e benestar, Ana Lorenzo, entregaron as sinaturas no rexistro. A partir de mañá, cando este servizo deixe de estar dispoñible, os usuarios que precisen axuda para subir e baixar dos ferrocarrís deben solicitalo con, polo menos, 12 horas de antelación.Algo que a maior parte deles considera inxusto.
Segundo estas traballadoras as case 5000 sinaturas recollidas son a mostra de que a xente considera que este é un servizo necesario. Agora o seguinte paso é mandar estes folios ó Ministerio e agardar a que lles den algunha resposta.
Redacción Salnés











