O BNG de Ribeira solicita de novo a declaración da Dorna coma festivo local

    RIBEIRA> Os nacionalistas piden ademais que as festas de Santa Uxía, patroa da localidade, se celebren sempre a fin de semana seguinte ó seu día oficial para que poidan ser máis disfrutadas e participadas pola veciñanza. Non é a primeira vez que os nacionalistas ribeirenses presentan no concello unha iniciativa deste tipo, para que o equipo de goberno recapacite e mude na súa idea en canto á elección dos festivos locais. Algo que ata o de agora non conseguiron. Apuntan novamente a que a Festa da Dorna, o 24 de xullo, sexa unha das datas elixidas, ó tratarse dunha festa declarada de interese turístico galego dende o ano 2005 e é, ademais, unha celebración orixinal e específica da localidade. Por outra banda os nacionalistas solicitarán tamén que as festas de Santa Uxía se celebren sempre a fin de semana seguinte ó seu día oficial para que poidan ser máis disfrutadas e participadas pola veciñanza.