Ribeira perderá seis millóns de euros pola redución das cotas do lirio

    ESTUDOLIRIO copia.jpg SANTIAGO> Será o porto galego máis prexudicado pola medida da Unión Europea, segundo datos dun estudo promovido pola Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/ESTUDO_COTAS_LIRIO.flv{/flowplayer}

    Os dous informes técnicos, un con datos biolóxicos e outro de carácter socioeconómico, estiman en 40 millóns de euros as perdas que ocasionará a Galicia a redución das cotas do lirio establecidas polas autoridades europeas. En concreto, 12 millóns para a flota do arrastre e 28 millóns na industria pesqueira asociada a esta actividade extractiva. Os estudos foron promovidos polo grupo de traballo que se constituíu en decembro, coa fin de demostrar cientificamente as demandas do sector: que se incrementen as posibilidades de captura de bacaladilla para os barcos que traballan no Cantábrico Noroeste.

     A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou esta semana en Bruxelas as conclusións destes estudos ante a presidenta da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga, e á directora xeral da DG MARE da Comisión Europea, Lowri Evans. Segundo Quintana, as conclusións dos documentos causaron impacto e sorpresa nas reponsables da UE.

    Desde a Xunta aseguran que seguirán a traballar por un sector que xera na actualidade máis de 100.000 postos de traballo e representa preto do 80 por cento do volume da flota española.

    Redacción Salnés