Liberdade horaria para paseos na maioría dos núcleos no Barbanza

BARBANZA> Á espera dunha definición máis detallada da medida, os concellos das comarcas do Barbanza, Muros e Noia valoran positivamente o cambio de criterio do Goberno en relación ó límite horario para saír a pasear e facer deporte en núcleos de menos de cinco mil habitantes. Na zona as limitacións afectarán únicamente ós núcleos urbanos de Ribeira e Boiro.

Dende o pasado 2 de maio as restricións horarias para saír a pasear e facer deporte aplicábanse por municipio. Un criterio que levantou certa polémica. Agora o Goberno Central recúa e abre liberdade de horario para todos aquelas persoas que vivan en núcleos de menos de cinco mil habitantes.

Aínda que haberá liberdade horaria na practica totalidade dos núcleos do municipio, agás no casco urbano, o alcalde apela á responsabilidade dos veciños, para que respecten as medidas de protección establecidas, como viñeron realizando, a nivel xeral, na etapa máis restritiva do confinamento.

Ademais do núcleo urbano de Boiro, na zona a limitación horaria tan só afectará á cidade de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí