BOIRO> O concello de Boiro confirma a súa tendencia ascendente na creación do emprego figurando como un dos dez municipios de toda España con maior crecemento. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, a taxa de emprego entre a poboación activa incrementouse en máis de 5 puntos.
Os datos do Instituto Nacional de Estatística confirman a Boiro como referente na creación de emprego. Figura entre os dez concellos de máis de 10 mil habitantes que máis medrou a nivel laboral cunha suba de 5 puntos. Trátase dun dato moi alentador para o equipo de goberno que, dende o 2019, situou a formación e a inserción laboral como centro das súas políticas.
Son 3 os eixos nos que está a traballar o concello para facer posible este crecemento: a ampliación de chan industrial, a creación de vivenda e o apoio á formación e ó emprendemento.
Na actualidade, preto de 300 persoas desempregadas están a participar en actividades formativas e obradoiros de emprego no centro de formación grazas á colaboración do concello coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.











