O BNG demanda melloras no acceso a internet en varios núcleos de poboación

    BOIRO> O BNG de Boiro presentou un escrito no concello reclamando a toma de medidas para garantir a cobertura de internet en tódolos núcleos do municipio. Hai dous anos que o pleno aprobou unha moción presentada polos nacionalistas a este respecto pero aínda quedan moitas zonas en sombra. A moción, aprobada en novembro de 2015 por unanimidade, recollía unha serie de acordos encamiñados a instar á Xunta a cumprir cos plans vixentes en materia de uso das TIC así como a busca de acordos coas empresas para mellorar a cobertura de telefonía e acceso ó internet. Sen embargo, case dous anos máis, o servizo segue a ser moi deficitario nalgunhas zonas do municipio Precisamente porque o acceso a internet é un servizo case imprescindible para o traballo diario e a vida cotiá, os nacionalistas presentaron un escrito solicitando o cumprimento do acordo plenario así como a realización dun estudo para detectar os núcleos de poboación que presentan máis deficiencias.