A Xunta ultima o anteproxecto da primeira Lei de Montes

    lourizan copia100.jpgPONTEVEDRA> Deste xeito, o goberno autonómico busca encher un baleiro legal que ata o momento existe na lexislación galega.

    {flowplayer}images/salnes/FEIJOO_LOURIZAN.flv{/flowplayer}

    Este anteproxecto da primeira Lei de Montes ven a cumprir, tal e coma sinalou esta mañá o Presidente da Xunta na súa visita ó Centro de Investigación Forestal de Lourizán, un triplo obxectivo. O primeiro deles é a loita contra o minifundismo. E é que un 80% das parcelas existentes en Galicia teñen menos dunha hectárea, o que impide, segundo Feijoo, a optimización económica do Monte.

    O segundo dos obxectivos é a necesidade de certificar a calidade da madeira para o mellor aproveitamento dos nosos solos. Nisto céntrase a labor de investigación xenética forestal que realizan neste centro.

    O último dos obxectivos que subliñou Feijoo é a regulación do uso do Monte tanto dos pastos coma dos diferentes usos forestais.

    Este anteproxecto ven a cubrir un baleiro legal na nosa comunidade na que unhas 50.000 persoas viven do aproveitamento forestal. O documento será remitido en maio ó Consello Forestal de Galicia para iniciarse, a continuación, o seu trámite parlamentario.

    Redacción Salnés