O cine Elma acollerá este sábado un festival de baile

     POBRA> A actividade está organizada pola concellería de Cultura en colaboración coa escola de baile ‘El Tomasón’.

    {flowplayer}barbanza/presentacionfestivalbailepobra.flv{/flowplayer}

    Os amantes do baile terán unha cita este próximo sábado no antigo cine Elma da Pobra do Caramiñal, xa que neste escenario desenvolverase un festival organizado polo departamento de Cultura e a escola ‘El Tomasón’. A actividade arrancará ás seis da tarde.

    Exhibición bailes

    No festival tomarán parte preto de 50 alumnos, tanto da escola de baile municipal coma da propia escola ‘El Tomasón’. Enriba do escenario, tratando de facer disfrutar ó público asistente, os rapaces farán un percorrido por diversos ritmos, dende os máis clásicos ós máis modernos, pasando pola salsa e os bailes latinos.

    Redacción Barbanza