Primeira concentración a prol da sanidade pública

    manifestaciondialise_100.jpgRIBEIRA> Ducias de persoas concentráronse diante do Hospital para reclamar que non se privatice o servizo de diálise do centro hospitalario.

    A probable concesión do servizo de diálise do Hospital da Barbanza a Fundación Ínigo Álvarez de Toledo suscitou o nacemento dunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, integrada polo comité de empresa do centro hospitalario, sindicatos, formacións políticas e asociacións da comarca.

    Cunha concentración ás portas do Hospital quixeron manifestar o seu rexeitamento á privatización que aseguran acabarán pagando ós doentes que acuden a diálise. Instan ó SERGAS a ampliar o servizo na Barbanza e abrir tres días máis a semana para atender os 24 doentes que acuden o luns, mércores e venres. Para isto, precisan un nefrólogo, dúas enfermeiras e un auxiliar de enfermería.

    {flowplayer}barbanza/manifestacionservizodialise.flv{/flowplayer}

    Dende a Plataforma temen que se a Fundación se fai cargo do servizo de dialise aconteza o mesmo que xa pasa no Hospital de Verín, onde unha grave carencia de persoal para atender os enfermos que se tratan de diálise. Nesta loita en defensa da sanidade pública tamén piden a colaboración cidadá. Por unha banda, animan as asociacións e colectivos da comarca a integrarse na Plataforma e pola outra fixeron un chamamento a cidadanía para que acuda a manifestación que terá lugar o 14 de abril en Ribeira. 

    Celadores

    Asemade, na súa reivindicación de mellora dos servizos do Hospital da Barbanza, o comité de empresa do Hospital presentará mañá no rexistro xeral do SERGAS as preto de dúas mil reclamacións recollidas entre a poboación da bisbarra para reclamar a dotación de celadores para este centro hospitalario.

    Redacción Barbanza