BOIRO> O concello de Boiro traballa na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Municipio. Xa se instalaron os medidores de entrada de vehículo para calcular o tránsito que soportan as principais travesías e vías urbanas.
No marco dos programas previstos pola Dirección Xeral de Tráfico, a policía local de Boiro levou a cabo unha campaña de control de velocidade nas vías urbanas.
Dende o concello, aproveitaron a realización destes controis para coñecer as velocidades ás que circulan os vehículos de cara ó proceso de elaboración de PMUS. Nesta liña, xa se instalaron os medidores de entrada de vehículo en diversas rúas para coñecer o tránsito que rexistran as principais vías do municipio.
O alcalde lembrou que non se trata de radares senón que son dispositivos que calculan a media de vehículos que transitan por determinadas zonas.