Potenciar Exposalnés e o Conservatorio, obxectivos do PSOE

    CEAPSOECAMBADOS copia.jpg CAMBADOS> Os socialistas dan o pistoletazo de saída á campaña cunha cea de confraternidade en Martín Códax.

    {flowplayer}images/salnes/CEA_PSOE_CAMBADOS.flv{/flowplayer} 

    Con este acto os socialistas cambadeses inician, tal e coma sinalou o seu cabeza de lista, Domingo Tabuyo, unha campaña electoral coa mente posta en que o cambio é posible e coa finalidade última de acadar o goberno local. O alcaldable estivo apoiado polo Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, e polos rexedores socialistas Dolores García e Manuel Vázquez entre outros cargos institucionais. A posta en escena estivo acompañada de varias intervencións, acompañadas pola proxección dunha serie de vídeos nos que se deron a coñecer os diferentes postos da lista electoral. A celebración tamén foi toda unha declaración de intencións da man do candidato Domingo Tabuyo, dirixidas á acadar o goberno despois dos vindeiros comicios do 22 de maio. Entre unha das súas maiores demandas está a creación dun Conservatorio Profesional de Música no edificio de A Merced e a recuperación de Exposalnés para facer un centro de servizos sociais. Polo momento, o secretario xeral da formación presentará a candidatura o 7 de abril na Xuventude. Redacción Salnés