BARBANZA> Un total de dez medios aéreos e unhas cincocentas persoas integrarán este verán o dispositivo que o Goberno Central porá a disposición da Xunta para a loita contra os incendios forestais. O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou a colaboración existente entre as dúas Administracións, tanto a Central como a Autonómica.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou esta mañá do dispositivo que o Goberno Central porá a disposición da Xunta para a loita contra os incendios forestais durante este verán. O dispositivo estará composto por un total de dez medios aéreos, con maior número de unidades se foran necesarias, e máis de cincocentas persoas.
Nos próximos días está prevista a sinatura do convenio coa Xunta, no que se concretarán os detalles do reforz no dispositivo contra incendios, que coordina la Xunta ó dispor das competencias nesta materia.