Cinco caras novas nos postos de saída e un nome discordante

    pp_vilanova copia.jpg VILANOVA> O alcaldable Gonzalo Durán, satisfeito da súa candidatura mentres próximas ó PP din que o número nove non foi consultado para ir na lista.

    {flowplayer}images/salnes/LISTA_PP_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O alcaldable Gonzalo Durán aseguraba a semana pasada ter a candidatura case pechada. En principio unha lista sólida que contaba co visto bo dos integrantes. A primeira hora desta tarde o PP vilanovés facía oficiais os 25 nomes que a compoñen, pero pouco despois, fontes próximas ó partido manifestaron a Canal Rías Baixas que un dos compoñentes que figura nesa listaxe non fora consultado para ir na candidatura, polo que a súa concorrencia ós comicios estaría aínda pendente dun fío. Esta fonte apunta ó posto número nove, que segundo o comunicado remitido polo partido correspondería ó actual edil de cultura José Juan Durán. Á marxe desta excepción, as principais novidades da candidatura reflicten a inclusión de cinco caras novas entre os doce postos de saída.

    Tres membros da actual corporación marchan Non repetirá Susana Baulde, no seu lugar entra Áurea Bermúdez. Tampouco figura na lista Evangelina Lago, que será substituída por José Portas, nin Miguel Ángel Vázquez. O seu poso ocuparáo José Luis Novo. María Rosa Rodríguez irá no lugar de Javier Tourís e a última incorporación corresponde á de Nuria Morgade no posto dez. Como número dous, o alcaldable Gonzalo Durán contará coa experiencia de Julio Varela, na actualidade teniente de alcalde. Segundo Durán trátase dun equipo moi profesional, que representa a tódolos sectores sociais e cunha media de idade de 42 anos.

    A presentación da candidatura terá lugar o vindeiro domingo no salón de actos da confraría de Vilanova a partir da unha da tarde. Ó evento están convidados militantes e simpatizantes do Partido Popular.

    Redacción Salnés