Bota a andar a Escola de Música de Vilanova de Arousa

    escolamusicavilanova__100_171006.jpgVILANOVA > Vilanova xa conta cunha escola de música. Representantes do goberno local e a dirección da escola…

    …presentaron esta nova iniciativa que se desenvolverá na Casa da Cultura da vila. Alí terán lugar as clases e alí se deron cita alumnos e pais para coñecer algo máis deste novo proxecto municipal.

    Tanto os membros do goberno local de Vilanova que apostaron por este proxecto como os mestres e dirección da Escola de Música destacaron a gran tradición musical que hai en Vilanova. Por este motivo esperan que a iniciativa sexa todo un éxito. Polo momento o Concello conseguiu algúns instrumentos para comeza-las clases, anque non se pon límite ó número de alumnos e o goberno local comprométese a financia-la aprendizaxe de todos aqueles que queiran apuntarse á escola. Polo momento xa se anunciou un novidoso sistema de alquiler de instrumentos musicais que evitará ós pais, sobre todo dos alumnos noveis, ter que investir unha importante cantidade de cartos nun instrumento musical.

    Música para todos

    Na presentación da escola estiveron tanto o director, Jesús Nogueira, como a xefa de estudos, Marta Novoa, que insistiron na importancia da ensinanza musical, tanto no eido máis lúdico como no profesional. Deste xeito establecéronse diversos módulos; dende os adicados ós máis pequenos, de 4 a 7 anos que farán actividades denominadas ‘Música e movemento’, ata os maiores que aprenderán solfeo e se adicarán xa a un instrumento determinado.

    Tamén haberá actividades paralelas, algunhas delas fora das aulas, de xeito que a Escola se perfila como unha nova alternativa para enche-lo tempo de ocio dos vilanoveses. Os interesados poden obter máis información na Casa da Cultura de Vilanova de Arousa.

    Redacción Salnés