Últimas declaracións dos detidos como sospeitosos no crime do Umia

    detidocrimeumia1 copia.jpg CALDAS> Adrián Ferro Couto, cuntiense de 21 anos e Borja C.S, estradense de 23, declararon pola súa presunta implicación na morte de Enrique Monteagudo.

    {flowplayer}images/salnes/DISPOSICION_XUDICIAL_CRIME_UMIA.flv{/flowplayer}

    Familiares da vítima increpaban así á entrada ós xulgados ó primeiro dos mozos comparecer. Trátase de Adrián Ferro Couto, de 21 anos e veciño da parroquia de Troáns, en Cuntis. Está considerado como o presunto autor material do crime. Entrou no xulgado de instrución número un de Caldas con paso firme e sereno, ante a mirada de achegados e curiosos. Preto de dúas horas e media despois saía visiblemente abatido cara o furgón da Garda Civil. Minutos máis tarde entraba o último dos catro detidos que quedaba por comparecer. Responde ó nome de Borja C.S, ten 23 anos e é veciño da Estrada. O seu arresto producíase onte mesmo. No momento do traslado ós xulgados proclamou a súa inocencia.

    Segundo puido saber esta canle, o estradense mantén que nin sequera estaba no lugar dos feitos cando aconteceron, e persoas próximas ó mozo aseguran estar dispostas a declarar como testemuñas para confirmar esta versión. Os outros dous detidos como sospeitosos de ser cómplices da morte de Monteagudo, de 22 e 27 anos de idade e tamén da parroquia de Troáns, están en liberdade despois de declarar onte ante o xuíz.

    Ás portas dos xulgados acudiron tamén a nai, a irmá e outros familiares da vítima. Non quixeron facer declaracións á cámara, pero amosáronse agradecidos coas forzas de seguridade polas detencións realizadas ata o momento, e din que só agardan que se aplique a xustiza ós culpables da morte do seu familiar.

    Redacción Salnés