Inaugúrase o usos múltiples remodelado por alumnos da Escola Obradoiro

    quitanbandeira100__001.jpgVILAGARCÍA > A alcaldesa de Vilagarcía e o delegado provincial de Traballo en Pontevedra, Pedro Borrajo, inauguraron hoxe

    …as obras de remodelación do antigo matadoiro da vila. A rehabilitación foi feita polos alumnos da escola obradoiro do concello, e as novas instalacións serán destinaranse a usos múltiples. Tanto a alcaldesa Dolores García, coma o delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo, respaldaron hoxe a inauguración do novo edificio de usos múltiples de Vilagarcía.

    O centro foi recuperado polos alumnos da quinta edición da Escola Obradoiro do concello, que se encargaron tanto das obras de instalación eléctrica, fontanería, ou carpintería. Estiveron guiados polos titores da escola e o resultado é o dun traballo feito por profesionais. A alcaldesa, Dolores García, recordou a importancia destes obradoiros na formación e inserción laboral dos mozos, e tamén fixo un chamamento ós empresarios para que conten con estes.

    inauguraciondentro200__001.jpgPola súa banda, o director provincial de Traballo defendeu os beneficios da formación profesional, tanto para os alumnos, coma para os empresarios. En total foron 50 mozos dos módulos de carpintería, albanería, fontanería, xardinería e electricidade, os encargados de rehabilitar as instalacións do antigo matadoiro.

    O novo Centro de Formación Permanente, conta con varias salas entre as que destaca unha aula telemática. As obras, que iniciaran alumnos de edicións anteriores, estiveron subvencionadas pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, e supuxeron un investimento superior ós 900.000 euros.

    Redacción Salnés