Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a Deputación

PONTEVEDRA> O 2024 foi ‘inmellorable’ para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.

No 2024 a provincia de Pontevedra recibiu 1,8 millóns de visitantes.

O presidente da Deputación fala de datos inmellorables para Rías Baixas, destacando o seu peso no conxunto de Galicia

Tamén salientan os bos datos da rede de oficinas de Rías Baixas.

López di que hai que seguir avanzando e dando pasos para manter estes resultados nun secto que considera fundamental para a provincia. Nesa liña, di que o traballo a prol da desestacionalización comezan a dar resultados.

Dentro de Rías Baixas, Sanxenxo volve ter nome propio. O Conclelo recibiu no 2024 779.000 viaxeiros, case un 3% máis que un ano antes. En tempada alta, de xuño a setembro, houbo máis de 532.000 visitantes, mentres que o resto do ano pernoctaron no municipio máis de 246.000 viaxeiros.