RIBEIRA> Quince anos despois da desaparición de María José Arcos, a policía procedeu á detención de Ramiro Villaverde como principal sospeitoso.
{flowplayer}barbanza/detenciondesaparecida.flv{/flowplayer}
A longa loita da familia de María José Arcos por esclarecer as circunstancias que rodearon a súa desaparición está máis preto da súa fin. A reapertura do caso hai dous anos dou os seus froitos e este martes a policía xudicial procedía á detención de Ramiro Villaverde pola súa presunta implicación nos feitos.
Contradicións
Segundo o auto de detención decretado polo xuíz de Ribeira, aprécianse numerosas contradicións nas declaracións efectuadas no seu día polo detido.
A familia de María José sempre apuntou a Villaverde como responsable da súa desaparición. Sosteñen que foi o último en vela con vida posto que aquel día quedaran en verse. Ó parecer, María José tiña pensado reclamarlle o pago dunha débeda por valor de seis mil euros que puido ser o desencadeante dunha discusión entre os dous.
Próxima declaración
Na acualidade, Villaverde permanece detido na Comandancia da Garda Civil da Coruña á espera de ser citado a declarar polo Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira. Previsiblemente farao o venres. O seu testemuño será clave para tentar botar luz dunha vez por todas sobre un caso que conmocionou á sociedade hai quince anos e que a día de hoxe segue sen esclarecer.
Redacción Barbanza