O Torneo Solidario Interparroquial de Boiro deixa máis de once mil euros en favor de ASANOG

BOIRO> Este é o momento no que o alcalde, José Ramón Romero, e parte da organización deste primeiro Torneo Solidario Interparroquial de Fútbol organizado hai varias semanas no municipio procedían á entrega do cheque á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

En total conseguiu recadarse máis de once mil euros a través da venda de rifas e doazóns por parte de empresas e particulares.

Unha cantidade que destacaron dende a organización do evento, que foi posible grazas á implicación e o traballo desinteresado de moitos.

O alcalde, José Ramón Romero, tamén destacou o traballo da organización do torneo que co seu esforzo fixo que todo saíse perfecto.

Dende a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, entidade beneficiaria da axuda, agradeceron a entrega deste cheque que lles permitirá poder seguir desenvolvendo o seu labor de apoio e asistencia ás familias de nenos oncolóxicos.

Dende a organización do torneo xa traballan de cara a próxima edición. O reto será superar os 11.300 euros recadados este ano, algo que co seu empeño e dedicación estamos seguros de que o van a conseguir.