Falece un home no cemiterio de Noalla tras caer do alto dun camión

    accidentenoalla copia100.jpgSANXENXO> O home, veciño de Soutullo de 63 anos, descargaba material do vehículo para un panteón do que era propietario.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_LABORAL_NOALLA.flv{/flowplayer}

    O suceso produciuse ó redor das 11 e cuarto da mañá, no cemiterio de Noalla. Foi entón cando un home de 63 anos, veciño de Soutullo, caeu dun camión mentres descargaba material para un patenón do que era propietario. Un golpe que resultou mortal.

    O home foi identificado como o pai do Secretario da Comunidade de Montes de Noalla. Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos dos bombeiros e da Policía Local de Sanxenxo, un equipo da Garda Civil e dúas ambulancias do 061, unha asistencial e a medicalizada. A pesares dos intentos do equipo médico por reanimalo, non puideron facer nada para salvarlle a vida.

    Ademais dos servizos de emerxencias, tamén se achegaron ata o cemiterio a alcaldesa da vila, Catalina González, e outros persoeiros da política da localidade.

    Redacción Salnés