Javier Guerra eloxia o esforzo innovador de Congalsa

    visitaconselleirocongalsa.jpgPOBRA> O conselleiro de Industria fixo estas declaracións durante a visita as instalacións da empresa asentada no polígono industrial da Tomada.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleirocongalsa.flv{/flowplayer}

    A chegada do conselleiro de Industria, Javier Guerra, a Congalsa producíase ó redor das doce e media desta mañá. Ás portas da factoría agardábano os propietarios da empresa, entre os que se atopaba o seu director xerente, Luís Miguel Simarro, así como diversas autoridades locais, como é o caso do alcalde da localidade, Isaac Maceiras. Xa no interior da fábrica o conselleiro tivo oportunidade de coñecer as pretensións, a curto e longo prazo, desta compañía, que pasa por ser unha das firmas líderes na produción de alimentos precociñados ultraconxelados de alta calidade a base de peixe e marisco.

    Javier Guerra eloxiou o traballo e o esforzo innovador desta firma, poñéndoa coma exemplo tamén para outras empresas galegas.

    Visita ás instalacións

    Despois de asinar no libro de honra, o conselleiro tivo oportunidade de visitar as instalacións de Congalsa, percorrendo as distintas liñas de produción onde se realizan todo tipo de produtos elaborados que van dende os tradicionais empanados e rebozados, ás diferentes masas e produtos naturais como son as paellas, os salpicóns ou as anillas de calamar.

    Encontro cos empresarios

    A xornada do titular de Economía e Industria na Pobra continuou ó mediodía cunha xuntanza cos empresarios na sede da patronal local, para rematar cun xantar nun coñecido restaurante da localidade.

    Redacción Barbanza