A POBRA> Do 13 ó 16 de setembro, A Pobra vivirá unha das súas festas máis especiais na honra do Divino Nazareno. Ademais da procesión das mortallas que atrae cada ano a miles de visitantes, o programa inclúe un espectáculo de drons e fogos de artificio.
O concello da Pobra e a comisión de festas colaboran na organización do Nazareno, unha das festas máis arraigadas e con máis sona de toda a comarca. Os actos relixiosos terán como principal expoñente a procesión das mortallas que sairá o domingo 15 ás dez e media da mañá da igrexa de Santiago do Deán.
En paralelo ó fervor relixioso, a vila pobrense vivirá catro días de celebracións coa música como protagonistas. Ós concertos de Human e Javi Maneiro engádese un tributo a Michael Jacson así como as actuacións das principais orquestras de Galicia como Olympus e París de Noia.
Unha das principais novidades deste ano será o espectáculo combinado de drons e fogos de artificio que alumeará o ceo a noite do luns 16 para pechar as celebracións.
Dada a elevada afluencia de visitantes que atraen estas festas, a próxima semana convocarase unha xunta local de seguridade para coordinar o dispositivo.