O IES Pobra conmemora os seus 25 anos á vangarda da calidade educativa

    aniversarioiespobra.jpgPOBRA> O Conselleiro de Educación presidiu os actos do 25 aniversario do IES da Pobra, un centro que se converteu nun paradigma educativo.

    {flowplayer}barbanza/aniversarioiespobra.flv{/flowplayer}

    Jesús Vázquez presidiu a celebración do vinte e cinco aniversario do IES Francisco Barreras que se tornou nun emotivo acto lembrando o longo camiño percorrido da man dunha das súas mestras, María Xosé Fernández. Un camiño que, tal e como lembrou o alcalde, requiriu moito esforzo ata chegar a converterse no que é hoxe en día: un centro de referencia en Galicia.

    O titular de Educación quixo felicitar ós responsables deste proxecto educativo, dende a constitución do centro ata hoxe en día. A proba do seu bo facer reside precisamente no éxito dos seus alumnos.

    Éxito profesional

    Precisamente, o testemuño de varios alumnos que estudaron no instituto centrou boa parte do acto. Ricardo Tubío, enxeñeiro que traballa como asistente de proxectos aeroespaciais, narrou a súa experiencia na Axencia Espacial Norteamericana.

    Proxectouse ademais un vídeo sobre a bagaxe profesional de antigos estudantes deste centro que hoxe, botou a vista atrás, para percorrer o cuarto de século vivido.

    Redacción Barbanza