Os rapaces de Ribeira toman as rúas do municipio

    campamentosurbanosribeira_100_07042009.jpgRIBEIRA> Preto de setenta rapaces participan nos campamentos urbanos que organizan os departamentos de Xuventude e Deportes.

    A chuvia deu unha pequena tregua en Ribeira e os cativos que participan nos campamentos urbanos puideron sair as rúas para gozar co “Gran Xogo pola cidade”, un divertido entretemento mestura de busca do tesouro e actividade didáctica.

    Dende onte e ata o día oito de abril desenvólvese un campamento urbano multiaventura de Semana Santa que coorganizan os departamentos de Xuventude e Deportes de Ribeira. Preto de setenta rapaces de idades comprendidas entre seis e doce anos aprenden, gozan e fan amigos durante estes días.

    {flowplayer}barbanza/campamentosurbanosribeira.flv{/flowplayer}

    Na xornada de mañá, día de remate deste campamentos, os cativos ataviaranse cos desfraces que confeccionaron na tarde de hoxe e desfilaran polas rúas do concello de Ribeira invitando aos viandantes a presencias o espectáculo do circo.

    Os campamentos urbanos de Ribeira son unha actividade moi demanda, xa que permiten aos pais conciliar a vida familiar e laboral nestas datas de vacacións nas que os cativos gozan de máis tempo de lecer. Asemade, son unha boa excusa para seguir aprendendo e facer novos amigos.

    Redacción Barbanza