A Deputación investirá 300 mil euros no edificio de usos náuticos da Pobra

A POBRA> O deputado provincial, Alberto Lema, visitou o concello da Pobra para abordar diversos proxectos da Deputación da Coruña no municipio. Informou da inminente aprobación en pleno da ampliación e reforma do edificio de usos náuticos.

A Deputación da Coruña achegará 300 mil euros para a reforma e ampliación do edificio de usos náuticos da Pobra. O deputado provincial da Marea Atlántica, Alberto Lema, informou ó alcalde na visita realizada esta mañá ó concello que a aprobación desta axuda levarase a pleno no mes de marzo.

Trátase dun proxecto moi necesario dada a falla de espazo nestas instalacións utilizadas polo club de remo que precisan ademais dunha reforma para practicar este deporte en mellores condicións. O orzamento total da actuación ascende a 394 mil polo que o concello xa aprobou en pleno unha operación de creto para asumir os preto de cen mil euros restantes.

Durante a visita, o deputado tivo ocasión tamén de coñecer algunhas das estradas provincias pendentes de mellora así como as instalacións do coworking que se vén de adherir á rede provincial de espazos colaborativos.