Os concellos cobrarán máis canto mellor sexa o seu nivel de reciclaxe

    ECOEMBES copia.jpg PONTEVEDRA> Así se recolle no novo convenio asinado pola consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.

    {flowplayer}images/salnes/charla_convenio_mati_ecoembes.flv{/flowplayer}

    Acertar cos residuos que van nos diferentes contedores permitirá ós concellos galegos mellorar as achegas que reciben da Xunta para a reciclaxe. É a principal novidade do convenio renovado recentemente entre a consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para a recollida selectiva de residuos. No caso dos envases, en Galicia queda por facer. A porcentaxe de impropios, é dicir, materiais que non pertencen ó contedor amarelo, está por riba do 30 por cento.

    Galicia tamén suspende na recollida de papel e cartón, un residuo que debe ir ó contedor azul e que se está a depositar no amarelo. Pese a todo, segundo indicou Ecoembes, en Galicia as taxas de reciclado son altas. 

    Disto falouse na delegación da Xunta en Pontevedra, onde se organizou unha charla informativa sobre o novo convenio, dirixida a concelleiros e técnicos de medio ambiente dos concellos da provincia de Pontevedra.

    Redacción Salnés