Noia adxudicará nas próximas semanas o proxecto de mellora do barrio do Couto

NOIA> A actuación, presupostada en máis de 160 mil euros, contempla a pavimentación e instalación de colectores de pluviais en diversas rúas.

Unha ducia de empresas presentaron as súas ofertas para a execución da reforma do barrio do Couto, unha obra que ademais da dotación de servizos suporá unha significativa mellora estética da zona que se atopaba moi degradada.

Esta actuación vense sumar a outros proxectos que o concello prevé licitar proximamente como a pavimentación en varios viais do barrio de Labarta ou no núcleo de Vilardeboa.

Trátase de actuacións, todas elas, encamiñadas a favorecer a seguridade viaria coa mellora do firme, o reforzo da sinalización e a eliminación de puntos críticos para a circulación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí