O Ministro de Fomento deixa ‘plantados’ ós veciños de Sobradelo

    vecinos_sobradelo.jpg VILAGARCÍA> Os afectados polo vial ó Porto tiñan concertada unha reunión con Blanco pero, ó parecer por un erro, non acudiu.

    {flowplayer}images/salnes/PLANTON_PEPE_BLANCO_VECINOS_SOBRADELO.flv{/flowplayer}
     
     Con motivo da visita do Ministro de Fomento, José Blanco, a Vilagarcía para a apoiar a candidatura de Modesto Pose, os veciños do Colectivo de Afectados polas expropiacións da estrada de acceso ó Porto de Vilagarcía decidiron solicitar unha entrevista con el. Daquela Pose, segundo os veciños, comprometérase a concertar dito encontro.
     
    Unha comisión representativa destes veciños ía ser a que acudiría á xuntanza da que agardaban obter un compromiso firme para afrontar o pago das indemnizacións polas expropiacións pendentes desde 2009 e para abarcalo resto de cuestións pendentes de solución.
     
    Para a súa sorpresa, cando chegaron á sede socialista de Vilagarcía, onde foron recibidos polo candidato, este informoulles que se producira un erro e que o Ministro non acudiría ó encontro xa que descoñecía a convocatoria e que iría directamente á presentación da candidatura na Peixería.
     
    Os veciños propuxeron agardar ó final do acto política para poder falar con José Blanco, encontro que non aceptou por motivos de axenda. Pose mesmo lles recriminou que avisasen ós medios de comunicación.
     
     Mentres tanto, un total de 51 familias afectadas seguen agardan o pago das expropiacións estimadas nun total de catro millóns de euros.
     
     
    Redacción Salnés