Boiro pecha 2010 con menos débeda e máis capacidade de financiamento

    orzamentosboiro.jpgBOIRO> O executivo de Boiro presentou a liquidación do orzamento do ano 2010 cun resultado presupostario mellor que no anterior exercicio.

    {flowplayer}barbanza/liquidacionorzamentoboiro.flv{/flowplayer}

    Tódalas magnitudes contempladas na liquidación das contas municipais do ano 2010 son positivas. O resultado orzamentario situase en 842 mil euros fronte ós 833 do pasado ano mentres que o aforro neto experimenta un gran incremento superando o millón trescentos oitenta e oito mil euros fronte ós 330 mil euros de 2009.

    O remanente de tesourería volve ser positivo pasado dos 54 mil euros do pasado exercicio ós preto de 703 mil do presente. A capacidade de financiamento, fixada en máis de 127 mil euros reflicte o cumprimento do plan económico financieiro aprobado polo pleno en xaneiro de 2009.

    En canto ó plan de saneamento, con vixencia por seis anos dende o 2009, estanse a cumprir a maioría dos parámetros.

    Reducción da débeda

    Dende o executivo insisten especialmente nos datos sobre a débeda municipal que a día de hoxe situase no 80’92 por cento, moi por debaixo do límite legal establecido en 110 por cento e do endebedamento que se atopou o actual equipo hai oito anos cando asumiu o goberno.

    Consideran dende o goberno que o Partido Popular está a mintir ós veciños con fins electoralistas ó afirmar que a débeda ascende ós 17 millóns de euros cando apenas supera os nove millóns.

    Redacción Barbanza