O proxecto do polígono de Te chega a Madrid

    RIANXO > O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, desprazouse ata Madrid para presentar o proxecto do Polígono Industrail de Té no Salón de Espazos Empresariais, Comerciais e Industriais (SEIN). A selección deste proxecto supón un importante paso para a súa promoción de cara á captación de empresas de todo o país.

    Esta importante cita empresarial, que se desenvolveu durante os días 21, 22 e 23, acolleu algunhas das actuacións programadas polas Consellerías de Vivenda  e de Industrial e a Sociedade Empresarial do Atlántico (SEA). Entre elas, resultou elixido o proxecto do polígono industrial de Té que se agarda que entre en funcionamento para o próximo ano.

    A campaña de promoción do novo recinto coincide cos primeiros pasos na compra dos terreos e o deseño para a súa urbanización, momento no que a captación de empresas é o obxectivo prioritario.

    A presentación do proxecto no Salón de Espazos Empresarias de Madrid está a superar as expectativas previstas polo executivo municipal. A cita veu confirmar o importante atractivo do polígono para unha ampla tipoloxía de empresas dada a súa boa ubicación, conectado directamente co futura autovía do Barbanza, e a súa axeitada superficie.

    Xunto ó alcalde rianxeiro, asistiron á feira empresarial a Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas e o Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel  Pino, entre outros representantes autonómicos.

    Redacción Barbanza