A procesión do Carme dos Pincheiros congrega a multitude de persoas

A POBRA> A Pobra viviu unha fin de semana por todo o alto coa celebración das tradicionais festas do Carme dos Pincheiros, unha das celebracións máis importantes da vila,que reúne a un gran número de persoas.

Un dos actos máis concorridos é a tradicional misa solemne e posterior procesión que tiña lugar onte pola tarde.

A imaxe da Virxe estivo acompañada por miles de persoas que a seguiron no seu percorrido polas distintas rúas da vila, dende a igrexa do Caramiñal ata a zona portuaria, onde se realizou a ofrenda floral por parte da Asociación de Amas de Casa e da Confraría de Pescadores na memoria dos mariñeiros falecidos.

No seu percorrido a procesión, portada polos costaleiros da confraría do Santo Cristo, estivo acompañada de diversos grupos de música e baile tradicional, así como pola Banda da Brilat, que acode puntualmente a esta cita dende xa hai anos, dándolle maxestuasidade ó acto.

Durante a xornada de hoxe, día festivo na localidade e último día dos festexos, os nenos foron os verdadeiros protagonistas con diversos xogos inchables e a festa da escuma na Praza Alcalde Segundo Durán.

Pola noite verbena coa orquestra Marbella, para rematar coa gran queima de fogos artificiais e o combate naval.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí