RIBEIRA> A Conselleira de Medio Ambiente visitou o centro de día de Agadea en Ribeira. Ánxeles Vázquez quixo coñecer máis de preto o proxecto ‘Un camino de lembranzas’ que resultoiu beneficiario da liña de axudas para a dinamización dos concellos da área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Xa está aberta a convocatoria autonómica das axudas a proxectos que dinamizan e poñen en valor as poboacións da área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais dos concellos de Ribeira, Vilagarcía, Bueu e Vigo poden concorrer entidades sen ánimo de lucro e pequenas empresas destes municipios que incidan no desenvolvemento sustentable do parque.
É o caso de Agadea Alzheimer que na convocatoria do pasado ano resultou beneficiaria dunha achega de oito mil euros para a posta en marcha do programa ‘Un camiño de lembranzas’ en colaboración con catro centros educativos.
Ánxeles Vázquez felicitou ós impulsores deste fermoso proxecto e animounos a volver a concorrer á convocatoria deste ano. O prazo estará aberto ata o 27 de xaneiro.









