Vilanova Peña abre unha tenda online para internacionalizar a súa firma

    tendaonlinevilanovapena copia100.jpgRIBADUMIA> Está dedicado en exclusiva ó deseño ibérico, situándose como a primeira tenda online especializada no made in Spain.

    {flowplayer}images/salnes/TENDA_ONLINE_VILANOVA_PENA.flv{/flowplayer}

    www.vilanova-p.com é a dirección que dende hoxe representa o salto da firma ribadumiense Vilanova Peña a internet e ó mercado internacional. A nova tenda online sitúase como a única do mundo especializada en deseños de autores ibéricos clásicos e contemporáneos, unha característica que representa o compromiso da firma galega con estes creadores.

    Accesibilidade, sencillez, proximidade e asequibilidade son algúns dos trazos que caracterizan a nova tenda online da empresa, que cumpre máis de 40 anos de traballo no mundo da decoración.

    A través deste portal, os clientes poderán acceder a un catálogo composto polos traballos de máis dun centenar de deseñadores ibéricos, unha base de datos que aumentarán co tempo, á espera do éxito que a firma Vilanova Peña consiga coa súa nova aposta.

    Redacción Salnés