Os traballadores do lixo ameazan con ir á folga na semana da Pascua

    folgalixopadron_100.jpgPADRÓN> Padrón podería volver a vivir unha folga na recollida de lixo a partir do vindeiro sábado, como acontecera xa o pasado ano en Semana Santa.

    {flowplayer}barbanza/folgalixopadronabril.flv{/flowplayer}

    Os traballadores do servizo de recollida do lixo veñen de anunciar a convocatoria dunha folga indefinida a partir do vindeiro día 16, xa que a empresa concesionaria, Global Vambru, está a incumprir o acordo asinado con eles o pasado mes de outubro.

    ‘Contrato abusivo’

    Dende o executivo padronés non se recoñoce o contrato na sua totalidade por entender que é abusivo, propoñendo unha deducción do 30% para as revisións correspondentes os anos 2009 e 2010. Ademais dun plan de pagos fraccionados a catro anos no cal se faria efectivo o total do adebedado.

    Para este mércores está previsto unha nova xuntanza entre as tres partes implicadas neste proceso. Aínda así a solución non parece sinxela.

    Redacción Barbanza