NOIA> O grupo de goberno, formado polo Partido Socialista, a Marea e o edil do grupo de non adscritos, Luís Alamancos, materializaron esta mañá co BNG o denominado coma pacto da auga. Un acordo que permitirá sacar adiante o orzamento, que ascende a 14’7 millóns de euros, en base o compromiso de investir máis de 600 mil euros de fondos propios en obras de saneamento e abastecemento de auga, para os nacionalistas as dúas principais prioridades para Noia.
Dende o Concello sinalaron que se trata dun orzamento real que recolle as principais necesidades do municipio, froito da racionalidade e o control do gasto dende a súa chegada á alcaldía na que lograron situar a débeda real por debaixo dos cinco millóns de euros, rebaixando máis de un millón de euros nestes seis meses de Goberno.
A idea é levalo xa ó pleno ordinario deste xoves para a súa aprobación inicial.











