A familia Arcos pide rexistrar máis terreos propiedade de Villaverde

    rexistros_villaverde copia.jpg PONTEVEDRA> Pensan que o sospeitoso da desparición de María José ‘podería ter soterrado’ o seu corpo nalgunha das fincas que posúe en Nespereira.

    {flowplayer}images/salnes/AVANCES_CASO_MARIA_JOSE_ARCOS_ok.flv{/flowplayer}

    No informe remitido polo Grupo de Delitos contra as Persoas da Garda Civil ó xuíz de Ribeira Fernando Ferreiro, indícase que durante os dous días de rexistros realizados a semana pasada en propiedades de Ramiro Villaverde, o imputado preguntou en varias ocasións ós axentes se atoparan “algo” e pedíalles opinión sobre o que lle podía pasar. Esta actitude amosada polo sospeitoso, xunto ós efectivos requisados nas súas propiedades, leva ós investigadores a pensar que, no caso de ser asasinada, o corpo de María José Arcos podería ter sido agochado en terra e non fondeado no mar como se barallou durante moito tempo. É mais, os axentes consideran recomendable inspeccionar unha parcela propiedade de Ramiro Villaverde situada preto da súa casa en Nespereira, Luou, na busca de novos indicios. Unha petición á que esta mesma mañá se sumou tamén a familia da desaparecida.

    Polo momento o detido atópase no cárcere de Teixeiro logo de que o venres, o titular do Xulgado de Ribeira Fernando Ferreiro decretase o seu ingreso en prisión incondicional sen fianza. Entre os efectos dos que se incautaron os investigadores durante os rexistros atópanse grilletes, esprais de defensa persoal, munición de caza, recortes de prensa sobre a desaparición de María José e facturas nas que se especifica a compra de doce sacos de cal en polvo, cemento cola e varios elementos de fontanería. A defensa de Villaverde planea a interposición dun recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña en contra do auto de ingreso en prisión decretado polo xuíz.

    Redacción Salnés