Se mercas en Boiro este mes, o combustible pode sairche gratis

BOIRO> A aqueles que realicen as súas compras no comercio local de Boiro durante o mes de setembro, o combustible pode saírlle gratis. A ABE vén de poñer en marcha a campaña ‘Enchemos o teu depósito’ coa que sortea dez vales de gasolina valorados en 100 euros.

Rematada a campaña estival, a asociación Boirense de Empresarios e o concello de Boiro seguen a promover accións para dinamizar o comercio local. esta nova campaña, que leva por título ‘Enchemos o teu depósito’, consisitirá no sorteo de dez vales de gasolina valorados en 100 euros xunto con 10 lavados de coche premium.

A campaña xa está en marcha e desenvolverase ata o 24 de setembro. As persoas que nesas datas realicen unha compra en calquera dos establecementos asociados, poderán rexistra unha foto do ticket na web abe.gal e entrarán a formar parte do sorteo.

A iniciativa é posible grazas á colaboración do concello de Boiro e da estación de servizo Garlou que buscan así contribuír a paliar os efectos da alza dos combustibles nas economías familiares .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí