O concello de Boiro mellorará a pavimentación da estrada Curvera-Mavi en Cabo de Cruz

BOIRO> O concello de Boiro sacou a licitación o proxecto de pavimentación da estrada da Curvera a Mavi. O obxectivo desta actuación, financiada con cargo ó Plan Único, é mellorar a seguridade nesta vía moi transitada e co firme moi deteriorado.

Este investimento, de 62 mil euros incluído no Pla Único da Deputación, permitirá dar resposta a unha vella demanda dos veciños da parroquia de Santa María do Castro. Hai máis de 15 anos que non se actúa sobre esta vía polo que o estado de deterioro do pavimento supón un risco tanto para o tráfico rodado como para os peóns.

Recentemente, o concello acometeu unha serie de melloras na zona coa renovación das beirarrúas e da rede de abastecemento no entronque coa estrada provincial.

As empresas interesadas en concorrer ó proxecto de mellora da estrada poden presentar as súas ofertas ata o próximo 26 de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí