Máis de 600 remeiros disputarán a ‘V Bandeira Porto de Vilagarcía’

bandeirabateisvilaxoan copia.jpgVILAGARCÍA> Será unha regata ó estilo clásico, con cinco rúas e percorridos de entre 1.000 e 2.000 metros. Terá lugar o sábado pola tarde, mentres que o domingo se celebrará a clasificatoria para o campionato galego.

{flowplayer}images/salnes/BANDEIRA_BATEIS_PORTO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

Esta será unha fin de semana de deportes náuticos. O sábado dispútase en augas da ría de Arousa a ‘V Bandeira Porto de Vilagarcía’. Ás catro e media da tarde está previsto o comezo da proba, que reunirá en Vilaxoán, se o tempo o permite, a preto de cen embarcacións e máis de seiscentos remeiros. Tódolos clubs de remo da provincia de Pontevedra traerán esta fin de semana a Vilagarcía ós seus mellores equipos para competir nas sete categorías, tanto masculinas como femininas.

O campo de regatas previsto será o habitual, o peirao de Vilaxoán, aínda que todo depende da climatoloxía. De feito, de manterse o vento do nordés que soprou durante esta mañá sería imposible realizala aquí. Pero xa hai previsto un plan B: o peirao de pasaxeiros de Vilagarcía.

Ó remate da proba, en torno ás sete e media da tarde, procederase á entrega de galardóns ós vencedores. Xa no domingo, a partir das once da mañá, terá lugar a proba clasificatoria para o campionato galego.

Redacción Salnés